🎲Xogamos,aprendemos!🎲
- O Raposo Fachón
- 8 jun
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 9 jun
🎲 No noso colo apostamos polo ABX (Aprendizaxe Baseada en Xogos) como ferramenta para aprender xogando.
Os xogos de mesa son moito máis que un simple entretemento para nenos e nenas. Estas actividades resultan fundamentais para o seu desenvolvemento social, emocional e cognitivo. A través dos xogos de mesa, os pequenos aprenden a respectar normas, a desenvolver habilidades de comunicación, a potenciar a súa concentración e a traballar en equipo, todo nun ambiente divertido e seguro.
Por que organizar xogos de mesa con nenos e nenas?
Fomento do pensamento crítico e da creatividade: Os xogos de mesa estimulan a mente, fomentando a capacidade de planificar, resolver problemas e tomar decisións.
Desenvolvemento social: Xogar en grupo axuda a aprender a esperar o turno, compartir e respectar aos demais, valores fundamentais para a súa convivencia.
Fortalecemento da autoestima: A medida que superan retos e gañan confianza, os nenos melloran a súa autoestima e autoconfianza.
Control das emocións: Aprenden a xestionar a frustración, a alegrarse polo éxito e a aceptar a derrota con deportividade.
Por iso no noso centro apostamos por organizar diferentes sesións con xogos de mesa variados. Os nenos e nenas están encantados con esta iniciativa.




Comments