top of page

ANIMAIS DA CONTORNA

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 13 abr
  • 1 min de lectura

No marco do PDI "Latexo Verde" en Educación Infantil, o alumnado iniciou unha investigación sobre os animais da contorna próxima, afondando especialmente en como lles afectan os incendios e en distintas formas de coidalos e protexelos. A partir desta experiencia, elaboraron con plastilina os animais que máis lles chamaron a atención, traballando a observación, a creatividade e a motricidade fina.


Posteriormente, deu forma a unha proposta máis innovadora coa creación dun panel interactivo no que estes animais foron conectados a unha placa Makey Makey, permitindo que ao tocalos se escoitasen os seus sons. Este proxecto foi desenvolvido polo mestre Juan Luis en colaboración co alumnado voluntario da biblioteca, fomentando o traballo en equipo e a aprendizaxe entre iguais.


Como complemento, o alumnado tamén realizou os nomes dos animais empregando la cola branca sobre un fondo de cartón, dando lugar a unha composición artística que combinou expresión plástica, experimentación con materiais e aprendizaxe significativa.



Comentarios


bottom of page