top of page

Apadriñamento lector

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • hace 2 días
  • 1 min de lectura

Durante este mes de xuño, algunhas das sesións da Hora de Ler estanse a converter en momentos moi especiais grazas ao noso apadriñamento lector. Nesta actividade, o alumnado máis maior comparte lecturas cos compañeiros e compañeiras máis pequenos, asumindo o papel de padriños e madriñas lectoras.


Contos, historias e aventuras van pasando de mans e de voces, creando espazos de encontro nos que a lectura serve como vínculo entre diferentes idades. Ademais de fomentar o gusto polos libros, esta experiencia permite fortalecer a convivencia, a responsabilidade e a colaboración entre o alumnado.


Sempre que nos sexa posible, trasladamos estas sesións aos espazos exteriores do centro, gozando da lectura ao aire libre nun ambiente relaxado e agradable. Sen dúbida, unha actividade enriquecedora para todos e todas, que nos deixa fermosos momentos compartidos arredor dos libros.


Comentarios


bottom of page