ARTE EN INFANTIL
- O Raposo Fachón

- 9 feb
- 1 Min. de lectura
Dentro das diferentes dinámicas que estamos a desenvolver arredor do noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde, o alumnado de Educación Infantil tamén está a traballar a través da arte.
Nesta actividade achegámonos á obra de diferentes artistas e utilizamos as súas técnicas como inspiración para representar ideas e conceptos relacionados cos incendios forestais e coa natureza. A arte convértese así nunha forma de expresar o que estamos aprendendo e de reflexionar sobre a importancia de coidar os nosos montes.

Para esta proposta artística inspirámonos en cadros de Monet, nos que a natureza, as cores e as paisaxes teñen un papel protagonista. O alumnado recreou un bosque verde e cheo de vida, representando como é o monte antes de que se produza un incendio.
Para elaborar a obra empregamos diferentes técnicas e materiais:
Esponxas para estampar, creando as diferentes tonalidades de verde da vexetación.
Carboncillo con difuminador, que nos permitiu debuxar e sombrear as árbores, dándolles forma e profundidade.
A través desta actividade, as nenas e nenos puideron experimentar con texturas, cores e ferramentas artísticas, ao tempo que reflexionaban sobre a beleza e o valor dos nosos bosques.













Comentarios