Bolsa Préstamo libros
- O Raposo Fachón

- 4 may
- 1 min de lectura
Na nosa biblioteca seguimos traballando para coidar e conservar os libros do mellor xeito posible. Por este motivo, puxemos en marcha unha iniciativa moi especial: a creación dunhas bolsas de tea para que o alumnado poida levar a casa os libros que colle en préstamo.
Esta idea xurdiu ao comprobar que algúns exemplares, especialmente os de maior tamaño, non caben correctamente nas mochilas dos nenos e nenas, sobre todo nas de Educación Infantil. As bolsas permitirán transportar os libros de forma máis cómoda e segura, evitando que se estraguen e contribuíndo a que se conserven en bo estado durante máis tempo.
Para levar a cabo este proxecto, o primeiro paso foi deseñar un logo identificativo da biblioteca utilizando a aplicación Canva. Unha vez creado o deseño, contamos coa colaboración do alumnado voluntario, que participou activamente no proceso de elaboración das bolsas.
Coa súa axuda, o logo foi trasladado á aplicación Silhouette Studio para preparar a impresión en vinilo termoadhesivo. Posteriormente, aplicouse o vinilo sobre as bolsas de tea, conseguindo un resultado moi atractivo e personalizado.
Estamos moi orgullosos do traballo realizado e da implicación do alumnado, que demostrou unha vez máis o seu compromiso coa biblioteca escolar. Grazas a estas novas bolsas, os libros viaxarán máis protexidos ata as casas e poderán seguir sendo disfrutados por moitos lectores e lectoras.
Agardamos que esta iniciativa contribúa a fomentar o coidado dos materiais da biblioteca e a seguir gozando da lectura en familia.







Comentarios