top of page

BOLSA VIAXEIRA PDI

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 12 ene
  • 1 Min. de lectura

Na biblioteca xa puxemos en marcha a dinámicas: a mochila viaxeira. Ao longo do 2º e 3º trimestre, as nenas e nenos levarán a casa unha mochila con diferentes materiais para compartir momentos de lectura e aprendizaxe coas súas familias. Creanse tres mochilas: unha para cada unha das aulas.


Este ano, a mochila está especialmente vinculada co noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde, polo que no seu interior poderán atopar libros relacionados cos incendios forestais, a natureza, a flora e a fauna, que nos axudan a coñecer mellor o noso entorno e a importancia de coidalo.

Como novidade neste curso, a mochila non leva só libros. Tamén inclúe un xogo de mesa relacionado coa temática do proxecto, para que as familias poidan aprender e divertirse xuntas mentres reflexionan sobre o medio natural e a protección dos nosos montes.




A través desta actividade buscamos levar o proxecto máis alá da aula e da biblioteca, implicando ás familias e creando espazos de encontro arredor da lectura, o xogo e a conversa.

Comentarios


bottom of page