CLUB DE LECTURA: AS FADAS VERDES
- O Raposo Fachón

- 1 jun
- 1 min de lectura
No noso club de lectura, o alumnado de 2º e 3º tivo a oportunidade de mergullarse na lectura de As fadas verdes, unha obra de Agustín Fernández Paz que espertou moito interese e curiosidade entre o alumnado.
Durante as sesións de lectura, non só nos limitamos a avanzar na historia, senón que tamén fixemos diferentes actividades para comprender mellor o texto e compartir impresións. Realizáronse debates nos que se puxeron en común opinións sobre os personaxes e os acontecementos, abríronse espazos para resolver dúbidas e tamén se fixeron postas en común que permitiron escoitar distintas interpretacións da obra.
Ademais, o alumnado participou de forma moi activa na creación dun cuadernillo de actividades dinámicas inspirado no libro. Nel inclúense propostas como sopas de letras, crucigramas, pasatempos e xogos de palabras, que serviron tanto para repasar o contido como para divertirse aprendendo.
Foi unha experiencia moi enriquecedora que combinou lectura, reflexión e creatividade, fomentando o gusto polos libros e o traballo en equipo.







Comentarios