top of page

CLUB DE LECTURA LIANA 2

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 15 dic 2025
  • 1 min de lectura

Durante estas últimas sesións de lectura, o alumnado seguiu mergullándose na historia de “Liana e os árbores cantaríns”, unha proposta chea de maxia, natureza e aprendizaxe compartida.


Ao longo das distintas sesións, realizouse unha lectura pausada e comprensiva do libro, na que os nenos e nenas non só leron, senón que tamén compartiron opinións, impresións e dúbidas, enriquecendo así a experiencia lectora a través do diálogo e da escoita activa.


Para facer a actividade aínda máis divertida e participativa, desenvolvéronse diferentes propostas complementarias, como unha busca do tesouro, que permitiu traballar a comprensión do texto dunha maneira lúdica, e tamén sopas de letras relacionadas co vocabulario do libro, reforzando así o aprendido dun xeito creativo.


Este tipo de dinámicas axudan a que a lectura se converta nunha experiencia viva, participativa e motivadora, na que o alumnado non só le, senón que tamén investiga, xoga e constrúe significados en grupo.


Comentarios


bottom of page