top of page

GUÍA USO DA BIBLIOTECA

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 13 nov 2025
  • 1 min de lectura

Poñemos á disposición de toda a comunidade educativa un novo documento no que se recolle de maneira detallada o funcionamento da nosa biblioteca escolar, así como a descrición das distintas zonas das que dispón.


Este material ten como finalidade servir de guía e apoio para que alumnado, profesorado e familias poidan coñecer mellor a organización interna da biblioteca, o seu uso diario e as posibilidades que ofrece como espazo de aprendizaxe, lectura e encontro.


No documento explícanse aspectos básicos como o sistema de préstamo e devolución de libros, as normas de uso e convivencia dentro do espazo, así como o funcionamento dos diferentes servizos que se ofrecen ao longo do curso.


Con esta publicación queremos facilitar o acceso á información e favorecer o bo aproveitamento da biblioteca por parte de toda a comunidade escolar. Consideramos fundamental que todos e todas coñezamos o seu funcionamento para poder facer un uso responsable e enriquecedor deste recurso tan importante no noso centro.

Animamos a consultar o documento e a descubrir todo o que a nosa biblioteca pode ofrecer.




Comentarios


bottom of page