INTRODUCIÓN/ MOTIVACIÓN PDI
- O Raposo Fachón

- 5 oct 2025
- 1 Min. de lectura
Para introducir a temática do PDI de centro Latexo Verde, realizouse unha actividade de motivación dirixida a todo o alumnado, coa finalidade de espertar o interese e a reflexión arredor dos incendios forestais, unha realidade moi presente tras os acontecementos vividos durante o verán de 2025.
A actividade comezou cunha sorpresa moi especial: a chegada dunha maleta misteriosa traída pola mascota da biblioteca, o Raposo Fachón, quen sempre nos acompaña nas nosas aventuras lectoras e nos invita a investigar e aprender no centro. Nesta ocasión, foi o encargado de introducirnos nun novo reto de aprendizaxe.

Maleta con elementos e a mascota
A maleta contiña diferentes materiais relacionados cos incendios, que convidaban ao alumnado a observar, reflexionar e deducir distintos aspectos vinculados con esta problemática, como as súas causas, consecuencias e a importancia da prevención.
Ademais, a actividade foi acompañada dunha serie de preguntas guía que serviron para abrir un debate arredor da temática, favorecendo a participación activa do alumnado, o intercambio de ideas e a expresión de experiencias persoais.
Alumnado de Infantil e 4º,5,6º
Esta actividade resultou unha excelente porta de entrada ao proxecto Latexo Verde, sentando as bases para o traballo posterior e fomentando unha actitude crítica e comprometida co coidado do noso entorno.















Comentarios