top of page

INVESTIGACIÓN PDI INFANTIL 1º TRIMESTRE

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 15 dic 2025
  • 1 Min. de lectura

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de Educación Infantil participou activamente no noso Proxecto Documental Integrado Latexo Verde, un proxecto no que toda a comunidade educativa está a investigar e aprender sobre os incendios forestais e a importancia de coidar os nosos montes.


Ao longo destes meses, as nenas e nenos achegáronse a este tema a través de diferentes actividades adaptadas á súa idade. O primeiro paso foi descubrir que é un incendio e falar sobre como se pode producir. A partir da observación, das conversas na aula e de pequenos experimentos, foron comprendendo mellor este fenómeno.

Tamén investigaron as partes dun incendio e coñeceron un concepto moi importante: o triángulo do lume, descubrindo que para que exista lume teñen que darse tres elementos fundamentais: o combustible, o osíxeno e a calor.


Para comprender estes contidos, o alumnado realizou diversas actividades de aproximación e experimentación, nas que puideron explorar, preguntar e aprender de maneira activa. Toda a información recollida ao longo do proceso foi gardada e organizada en diferentes soportes, converténdose nun pequeno traballo de investigación adaptado á súa idade.


As nenas e nenos elaboraron unha maquetaa relacionadaa co incendio indicando as diferentes partes deste. Ademais, recolleron a información nun mural que servirá para facer unha exposición de todo o traballado no PDI a final de curso.




Para completar a experiencia, tamén crearon unha presentación na que explicaron os contidos aprendidos aos seus compañeiros e compañeiras, converténdose por un día en auténticos divulgadores e divulgadoras.


Comentarios


bottom of page