top of page

INVESTIGACIÓN TIPOS DE INCIDENDIOS

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 12 ene
  • 1 Min. de lectura

Durante o primeiro trimestre, o alumnado de 1º, 2º e 3º estivo a traballar arredor da temática dos incendios forestais, afondando no seu coñecemento a través da investigación e do traballo cooperativo.




Ao longo deste período, os nenos e nenas investigaron os diferentes tipos de incendios, as formas de propagación e a súa clasificación segundo o tipo de vexetación afectada. Este traballo permitiulles comprender mellor como se orixinan e se espallan os incendios, así como a importancia da prevención e do coidado do medio natural.


A través de distintas actividades, o alumnado desenvolveu habilidades de busca de información, análise e posta en común dos contidos aprendidos, fomentando unha aprendizaxe activa e significativa.





Este traballo forma parte do proxecto do centro, co que se pretende concienciar ao alumnado sobre a protección do noso contorno e o respecto polo medio ambiente.

Comentarios


bottom of page