OBRADOIROS CREATIVOS

Ao longo do segundo trimestre puxemos en marcha os primeiros obradoiros da nosa Biblioteca Creativa, unha iniciativa que busca ofrecer ao alumnado un espazo diferente para crear, experimentar e aprender a través de actividades lúdicas e participativas. Durante este período xa se realizaron un par de obradoiros cunha moi boa acollida por parte dos nenos e nenas participantes.
De cara ao terceiro trimestre, a Biblioteca Creativa continuará a súa actividade coa realización de catro novos obradoiros. Estas propostas terán carácter voluntario e desenvolveranse durante o horario de recreo, permitindo que o alumnado interesado poida participar sen interferir co desenvolvemento das clases.
Cada obradoiro contará cun máximo de 6 prazas, co obxectivo de favorecer a participación activa e unha atención máis personalizada. Os alumnos e alumnas interesados poderán anotarse previamente para participar nas actividades.
Ademais, no caso de que haxa máis demanda da prevista ou que queden nenos e nenas con ganas de participar, procuraremos repetir os obradoiros na medida das posibilidades organizativas, para que o maior número posible de alumnado poida gozar desta experiencia.
Animamos a todos e todas a participar e a seguir descubrindo novas formas de aprender e crear na nosa Biblioteca Creativa.








Comentarios