top of page

Posta en común PDI 2º trimestre

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 23 abr
  • 1 Min. de lectura

A pasada semana, a biblioteca do centro converteuse nun espazo de aprendizaxe compartida no que as nenas e os nenos foron protagonistas, presentando as súas exposicións sobre o traballo realizado no Proxecto Documental Integrado (PDI) do segundo trimestre.


O alumnado de Educación Infantil centrou o seu proxecto en comprender que lles sucede aos animais durante os incendios forestais. A través das súas investigacións, reflexionaron sobre como afectan estes fenómenos á fauna e tamén achegaron propostas sinxelas sobre que podemos facer para coidar e protexer o medio. Ademais, tiveron a oportunidade de coñecer algúns animais autóctonos da nosa contorna e crealos e moldealos con plastilina.


Pola súa banda, as nenas e nenos de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria enfocaron o seu traballo no estudo das plantas autóctonas, destacando a súa importancia ecolóxica e o seu papel fundamental no equilibrio dos ecosistemas da zona. As súas exposicións puxeron en valor a riqueza natural que nos rodea e a necesidade de preservala.


O alumnado de cursos superiores afondou en conceptos máis complexos, como as especies pirófilas e as especies invasoras. A través das súas investigacións, analizaron como estas especies interactúan cos incendios forestais e cal é o seu impacto no medio ambiente, fomentando así unha mirada crítica e comprometida coa conservación da natureza.


Esta experiencia supuxo unha excelente oportunidade para compartir coñecementos, desenvolver habilidades comunicativas e fortalecer a conciencia ambiental de todo o alumnado.


Comentarios


bottom of page