top of page

QUE SABEMOS DE??

  • Foto del escritor: O Raposo Fachón
    O Raposo Fachón
  • 21 abr
  • 1 Min. de lectura

O alumnado de 5º e 6º estiveron gravando diferentes programas de radio. Despois da sesión de formación que tivemos con Damián Alonso, aventuráronse a facer o seu propio programa.


Ao longo das últimas semanas, os nenos e nenas estiveron traballando con moita ilusión na creación dos seus propios programas de radio. En pequenos grupos, decidiron os contidos que querían tratar, dando renda solta á súa creatividade e aos seus intereses. Houbo espazo para entrevistas, novas, recomendacións e mesmo momentos de entretemento.


Unha das tarefas máis importantes foi a elaboración da escaleta, onde organizaron cada parte do programa: que dicir, cando facelo e quen se encargaba de cada intervención. Este proceso permitiulles comprender mellor o funcionamento dun espazo radiofónico e a importancia da planificación.


No momento da gravación uns alumnos e alumnas encargabanse de falar diante do micrófono, outros asumían o papel de técnicos, encargándose da gravación e do control do son. Todos tiveron a oportunidade de pasar polas diferentes zonas da radio, experimentando así os distintos roles que forman parte deste medio.


A experiencia resultou moi enriquecedora, non só polo aprendido a nivel técnico, senón tamén polo desenvolvemento de habilidades como o traballo en equipo, a expresión oral e escrita e a organización.

Continuaremos realizando actividades arredor da radio no que queda de curso.

Aqui deixamos os diferentes podcast realizados.




Comentarios


bottom of page