Sesión de posta en común na biblioteca escolar: Latexo Verde
- O Raposo Fachón

- 9 ene
- 1 Min. de lectura
A principios de Xaneiro, celebrouse na biblioteca escolar unha sesión moi especial na que o alumnado compartiu a información investigada ao longo do primeiro trimestre dentro do proxecto PDI Latexo Verde, centrado na temática dos incendios forestais.
Cada curso foi o encargado de investigar unha parte concreta do proxecto, abordando diferentes aspectos relacionados cos incendios: as súas causas, consecuencias, prevención e o impacto que teñen no noso contorno. Esta sesión permitiu poñer en común todo o aprendido, favorecendo o intercambio de coñecementos e o traballo cooperativo entre os distintos niveis educativos.
A biblioteca converteuse así nun espazo de encontro e aprendizaxe, onde o alumnado puido expoñer as súas investigacións, escoitar aos compañeiros e compañeiras e reflexionar sobre a importancia de coidar o medio ambiente.
Co comezo do segundo trimestre, o proxecto Latexo Verde continúa avanzando e adéntrase agora no estudo da flora e fauna autóctona, permitindo ao alumnado coñecer mellor a riqueza natural do noso entorno e tomar conciencia da necesidade da súa protección.
Seguiremos compartindo as actividades e aprendizaxes que vaian xurdindo ao longo deste proxecto tan enriquecedor.
















Comentarios