SOMOS OS MONSTROS
- O Raposo Fachón
- 10 mar
- 1 Min. de lectura
O primeiro libro do club de lectura do grupo de 2º de Primaria foi Somos os Monstros de Paula Carballeira.
Para comezar este libro, presentámoslles aos nenos e nenas unha caixa sorpresa pechada cun cadeado. Conestanto diferentes preguntas descubrían un código secreto que lle permitía abrir o cadeado e a caixa.
Dentro estaban os libros que lle tocarían ler. Falamos sobre que creían que podía tratar o libro, algúns pensaron que era sobre cousas de medo. Ademais tamén lle pedimos que investigaran sobre a autora Paula Carballeira.
Na seguinte sesión, coñecemos máis cousas sobre Paula Carballeira cunha dinámica co escornabot. Na plantilla aparecían as respostas, eles sacaban unha tarxeta con unha pregunta sobre esta autora e debían programar o escornabot a casilla que recollera a resposta correcta.
Durante as seguintes sesións compartimos as nosas apreciacións sobre o libro, incluso interpretamos algunha escena. Tamén abordamos o vocabulario que non coñeciamos cunha actividade de mimíca. Os nenos e nenas tiñan que escribir aquelas palabras que non coñecían nun papel, buscabamos o seu significado e logo fixemos un xogo de mímica con elas.
Para finalizar este conto, ademais de facer unha reflexión sobre o libro, realizamos unha actividade artística. Durante o libro un dos monstros indica que antes vivían maís monstros no bosque pero agora xa non hai. Así, os integrantes do club tiñan que debuxar como creía que era aqueles outros monstros e pintalo con acuarelas.
Comentarios