top of page

Un recuncho para investigar, descubrir e aprender

Foto del escritor: O Raposo Fachón
O Raposo Fachón
17 nov 2025
1 min de lectura

Para o desenvolvemento do noso PDI Latexo Verde, habilitamos un recuncho nun anexo da biblioteca escolar dedicado integramente á temática dos incendios forestais e ao coidado do medio natural.


Neste espazo organizamos unha ampla variedade de materiais relacionados co proxecto: libros informativos e de literatura, xogos, recursos manipulativos, tarxetas de vocabulario, elementos naturais e diferentes propostas de investigación que o alumnado foi utilizando ao longo do curso.


Este recuncho converteuse nun lugar de encontro, descubrimento e aprendizaxe, no que as nenas e os nenos puideron consultar información, resolver dúbidas, ampliar coñecementos e seguir afondando na investigación de forma autónoma e motivadora.


A través deste espazo, a biblioteca reafirmou o seu papel como motor do proxecto e como un recurso fundamental para fomentar a curiosidade, a lectura e a aprendizaxe activa.


Comentarios


bottom of page